Buscar este blog

martes, 21 de abril de 2026

SÉTIMA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO DE 3º E 4º DA ESO

 

O venres 10 de abril reunímonos o club de lectura de 4º da ESO para elixir libro para este terceiro trimestre. Xa quedaramos en que ía ser de poesía ou teatro, que son xéneros  menos presentes do que deberían nas nosas lecturas e nas da maioría da xente. Desta vez escollemos Passa-Montanhas, de Séchu Sende, un libro orixinal, que tamén se presta a facer actividades diferentes. 

Primeiro imos elixir tres poemas cada un, os que máis nos gustaron; logo quedarémonos con un, sen que se repita, para na última reunión gravar unha lectura deste con pasamontañas, tal e como propuxo o autor e realizou con varias colaboracións.
O alumnado durante a reunión
O alumnado mostra o libro 

O xoves día 16 de abril reunímonos a segunda parte do club, os de terceiro. Neste grupo non tiñan claro en principio se querían o mesmo que os seus compañeiros ou non, polo que puxemos varias opcións sobre a mesa.
Os membros do club con todos os libros que tiñamos para elixir encima da mesa.
Aínda que finalmente lles gustou a actividade que van facer os seus compañeiros de cuarto e decantáronse polo mesmo. Ademais así podemos facer unha reunión final conxunta, para pechar o ano lector.
Mostrano libro elixido
Como no resto das ocasións, se un bo libro vai acompañado de algunha lembetada, moito mellor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario