O pasado luns, 6 de outubro, reunímonos os membros do grupo mixto do club de lectura "Mendebiblos". Dámoslles a benvida a todos e agradecemos a participación, que superou as nosas expectativas.
A continuación explicamos o funcionamento do club para aquelas persoas que viñan por primeira vez e pasamos a comentar as diferentes posibilidades de elección.
Como o grupo era moi numeroso, decidimos dividilo en dous, de modo que eliximos dúas obras para que cada grupo empece cunha diferente e teñamos exemplares para todo o alumnado.
Os libros elixidos foron:
Sinopse:
Un testimonio extraordinario que enseña la lección más
valiosa: cómo dar sentido a nuestra vida
Todos nosotros hemos conocido a alguien con grandes
experiencias que nos ha inspirado en nuestra juventud y ayudado a ver el mundo
de otra manera. Para Mitch Albom, esa persona fue Morrie Schwartz, su profesor
en la universidad.
Cuando más tarde a Morrie le detectan ELA, Mitch aprovecha
el poco tiempo que le queda junto a su profesor para retomar el contacto,
visitarlo cada martes y mantener conversaciones profundas en las que se
recupera el interés y la curiosidad por un mundo que, con el paso del tiempo,
se había vuelto frío y descolorido.
En Martes con mi viejo profesor, Mitch y Morrie
nos enseñan la lección más importante de nuestra vida.
Sinopse:
Xulia é xornalista e acaba de separarse, polo que regresa a
Galicia co seu fillo Sebas. O rapaz ten dez anos e está convencido de que a
avoa Luz é o deus Thor porque nunca se separa do seu martelo. Malia que agoche
polvoróns nas medias, beba Sansón ata ver dobre e diga mentiras sen parar,
Sebas adora a súa avoa. Xulia non opina o mesmo. Para ela, volver á casa
familiar supón enfrontarse a un pasado cheo de segredos que precisa desvelar. O
narcotráfico na Galicia dos anos noventa, o mundo dos coidados e a procura da
verdade envolven este melodrama, salvaxe e tenro, habitado por uns personaxes
inesquecibles. Despois do éxito de «Infamia», Ledicia Costas regresa, dende o
seu talento creativo, con «Golpes de luz», unha novela sorprendente e
divertida.





No hay comentarios:
Publicar un comentario