Redes, de Eloy Moreno.
O pasado xoves, 16 de xaneiro, reunímosnos os membros do grupo mixto do Club de lectura "Mendebiblos". Desta vez comentamos Redes, de Eloy Moreno.
O libro gustou en xeral e deu pé para o debate. A primeira cuestión que se plantexou foi o final, que non deixou a ningúen indiferente, uns dicían que fora o mellor e outros que non lles gustara nada.
Outro tema que xurdiu, do que se falou moito e de forma apaixonada, foi a exposición dos menores nas redes por parte dos pais, que no caso da novela incluso se aproveitaban economicamente desta situación, sen pensar para nada na saúde mental da súa filla.
Tamén se falou dos excesos que se poden cometar a través das redes, das adiccións, da educación que reciben os rapaces, máis destinada ao éxito que á felicidade, etc.
Por último decidimos que para a próxima reunión dividiremos o grupo en dous e facer dúas reunións, porque ao ser tan numeroso dificulta a intervención de todos os membros e tamén que haxa exemplares dos libros elixidos para ler a obra a tempo.
Momentos durante o debate:
Sinopse:
Camila viviu durante décadas unha mentira
sostida coa complicidade dos que a rodean. No seu regreso á vila de Briana, no
verán de 1987, deberá reunir o valor para enfrontarse á verdade. Alí, Antón, o
ferreiro artista, pechouse no seu mundo, a arrastrar a dor e a culpa dos que
non souberon ver como o mal se estendía ata que foi demasiado tarde. A visita
da súa neta, Helia, vivo retrato da avoa, daralle azos para contar o que
durante tantos anos calou.
María Rei Vilas debuta na novela cunha
historia en que a intriga asolaga tanto o persoal coma o colectivo, cun
destacado protagonismo das mulleres, uns personaxes inesquecibles e unha trama
onde as vítimas silenciadas poden procurar, polo menos, unhas pingas de
xustiza. Aurora, Olga, Nidia… son as flores de ferro desta historia. Pero hai
máis. Houbo moitas máis.
Javier y Celia son un matrimonio de clase media con un hijo pequeño y una
hija preadolescente. Él trabaja en una editorial y ella en un hospital; él
arregla vidas de mentira y ella arregla vidas de verdad. Tratan de prosperar,
se mudan a un barrio mejor, la cotidianidad. Podría ser la historia de muchos.
Hasta que tiene lugar una excursión a Pirineos que lo cambia absolutamente todo.
Esta es la historia de un viaje al abismo que habla de otros muchos viajes.
El viaje de la infancia a la convulsa adolescencia. El que va de la algarabía
infantil al silencio más sepulcral. El de los padres que caminan detrás con su
culpa y llegan tarde. El de los abuelos que fueron delante y a los que nadie
escucha. El que hace alguien para salvar una vida. También es la historia de
ese otro viaje al que todos tenemos miedo: el que habla de nuestro pasado más
oscuro y secreto.
Los incomprendidos es una novela sobre la soledad familiar,
la incomunicación entre padres e hijos, el horror de decir, pero también, y
desde la primera página, sobre la esperanza.
.jpg)





No hay comentarios:
Publicar un comentario