O pasado xoves, 17 de outubro, reunímonos os membros do grupo mixto do club de lectura "Mendebiblos". Dámoslle a benvida a todos e agradecemos a participación, que superou as nosas expectativas.
A continuación explicamos o funcionamento do club para aquelas persoas que viñan por primeira vez e pasamos a comentar as diferentes posibilidades de elección.
Finalmente, decidimos a nosa primeira lectura, Furia, unha novela de María Reimóndez.
Para quen queira saber un pouco sobre o argumento:
Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non
sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de
casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante
o mundo que a rodea. Cando a cousa parece que xa non podería empeorar máis,
atópase co boxeo. Grazas a este deporte e a unha serie de persoas que a
acompañarán, Cecilia atopa a confianza nas propias forzas para buscar unha vida
plena, para atopar o seu lugar seguro. "Furia" non é só a historia
dunha moza que se enfronta á perda e á dor, senón unha reflexión sobre os
afectos e o valor verdadeiro, un canto de amor ao boxeo e unha constatación da
importancia de termos sempre alguén na nosa esquina que nos guíe á hora de
evitar os golpes eludibles e nos acompañe para encaixar os inevitables.
Elixindo o libro:






No hay comentarios:
Publicar un comentario