Un ano máis as Xornadas cumpriron as expectativas previstas.
Trala inauguración, fíxose entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2024 á escritora Arantza Portabales, por ser a autora galega máis lida nos clubs de lectura no curso 2022-2023. Posteriormente falou de como e cando empezou a escribir, sinalando que, precisamente, grazas ás bibliotecas escolares fíxose escritora. A súa naturalidade e espontaneidade fixeron que a charla resultase moi entretida.
O programa contou, ademais, coa intervención por videoconferencia da antropóloga e investigadora Michele Petit e sesións simultáneas de obradoiros de teatro, poesía, cómic e mesas de experiencias de centros integrados no programa arrededor dos clubs de lectura. A xornada foi pechada pola autora de banda deseñada Julia Lago.
Parabéns unha vez máis por estas Xornadas e pola boa organización!
FOTOS DOS ENCONTROS






No hay comentarios:
Publicar un comentario