O
terceiro libro escollido polo Clube de Lectura de 1º e 2º de ESO foi O
achado do castro de Manuel Núñez Singala. Trátase dunha obra de
teatro publicada no 1990 que transporta ó lector á Antiga Roma da man dunha
serie de personaxes que nos fan botar máis dunha gargallada.
Na primeira reunión distribuímos os personaxes entre o alumnado e as profesoras e nas seguintes cinco sesións somerxémonos na lectura dramatizada da obra de teatro ata o final da mesma, a cal gozamos de principio a fin.
O alumnado participou activamente na representación desta obra que xa desde o comezo nos chamou a atención polos nomes dalgúns personaxes como Carmiñae ou Manolitus. Non soan moi romanos, non si? Do mesmo xeito que ocorre cos nomes, o autor utiliza eses xogos coa lingua entre o galego e o latín durante toda a historia. Mais sen lugar a dúbidas o que nos mantivo enganchados á lectura foron todas esas comicamente absurdas que conseguen que non levantemos a mirada do texto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario