ÚLTIMA REUNIÓN DO CLUB
O pasado xoves 9 de xuño, fixemos a última reunión do club de lectura cun almorzo os profesores e alumn@s do club nun restaurante-buffet do Centro Comercial Pontevella.
Rematado o almorzó e ao redor dun café comentamos o libro de Manuel Núñez Singala,Atranco no banco, no que o autor nos presenta catro personaxes cunha mesma intención: roubar o mesmo banco o mesmo día e á mesma hora.
Esta obra de gran efecto cómico, moi próxima ó teatro do absurdo, en xeral, gustounos. Lese dunha tirada e a súa lectura resulta moi pracenteira sobre todo polos divertidos xogos lingüísticos cos que nos deleitan os personaxes. Unha lectura perfecta para este final de curso apretadito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario